Tâche 1
Tâche 2
Tâche 3
Tâche 4
DESCRIPTION
A avaliación tanto da expresión oral como da expresión escrita realizarase por observación directa empregando grellas de avaliación.
O profesorado tomará anotacións durante a realización das actividades.
Según as observacións e as anotacións feitas na clase, cubrirase unha grella para cada tipo de producción en lingua estranxeira (oral e escrita).
A grella estará puntuada sobre 10. Avaliarase ao alumnado cunha puntuación do 0 ao 2 en función das súas capacidades. A puntuación mínima para superar a grella serán 5 puntos.
Os criterios de avaliación basaranse nos recollidos do Decreto 330/2009 polo que se establece o Currículo de Educación Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia, e estarán referidos á producción oral e escrita en lingua estranxeira. Seran os seguintes:
CRITÈRES D'EVALUATION ORALE
1. Ser capaz de expresarse oralmente e con claridade en lingua francesa según a intención comunicativa.
2. Ser capaz de empregar as fórmulas de tratamento adecuadas para saudar.
3. Ser capaz de empregar as fórmulas de tratamento adecuadas para despedirse.
4. Ser capaz de empregar as fórmulas de tratamento adecuadas para agradecer.
5. Participar en produccións orais sinxelas en lingua francesa, relativas a situacións e temas do seu interese: xogos, rutinas, cancións, situacións habituais de comunicación, dramatizacións, previamente traballadas e contextualizadas.
CRITÈRES D'EVALUATION ÉCRITE
1. Interesarse por participar nas situacións significativas de escritura en lingua francesa que se producen na aula.
2. Valorar e interesarse polos textos escritos en lingua francesa.
3. Ser capaz de compoñer un texto completo a partir de pegatinas e narrar,
describir e ofrecer pequenas informacións sobre as cousas.
4. Amosar interese polos mecanismos básicos do código escrito en lingua francesa e no coñecemento das súas características.
5. Ser capaz de comprender, reproducir, reescribir e recrear textos en lingua francesa tendo en conta as etapas individuais no proceso de adquisición da lingua escrita.
OUTILS (Pulsar sobre as imaxes para velas en tamaño grande)
TEMPS
A observación para obter os datos cos que poder cubrir ambas grellas farase mentres o alumnado realiza as tarefas, a profesora irá tomando anotacións e posteriormente cubrirá as grellas.
Despois da observación tardará aproximadamente 5 minutos en cubrir a grella de cada alumno/a.
Grella de avaliación da producción oral: 5 min.
Grella de avaliación da producción escrita: 5 min.
Serán pois, 10 minutos para avaliar a cada alumna ou alumno.
Ao ser 20 alumnos/as levará un tempo total e aproximado de 3 horas e 30 minutos para avaliar empregando as grellas a todo o alumnado.
RESSOURCES
Para ámbalas avaliacións necesitaranse os recursos citados a continuación:
-Anotacións da profesora tomadas na clase.
-Resolución das actividades feitas cos nenos e nenas na clase.
-Grellas de avaliación da producción oral e escrita.
-Ordenador e soportes tecnolóxicos para cubrir as grellas de xeito informático.
SOURCES
Decreto 330/2009 polo que se establece o Currículo de Educación Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
RUBRIQUE REFLEXION
Comment t’es-tu organisé(e) pour réaliser cette tâche? En primeiro lugar atendín as explicacións do profeso na clase, elixín o tipo de avaliación e elaborei as ferramentas de avaliación que foron necesarias.
As-tu éprouvé des difficultés? Lesquelles? Sí, atopei dificultades á hora de escoller os criterios pertinentes. Supúxome tamén certa dificultade elixir que tipo de avaliación é a máis adecuada.
Qu’est-ce que tu as appris avec cette tâche par rapport aux compétences indiquées ci-dessus? Qu’est-ce que tu as appris d’autre? En canto as competencias, a que máis traballei foi a número 6: Ser capaz de levar a cabo distintos tipos de avaliación. Tamén aprendín a elabroar grellas de avaliación para educación infantil.
Quel est ton avis général sur la tâche? Con esta tarefa aprendín diferentes tipos de avaliación que se poden levar a cabo en educación infantil e como facer unha correcta avaliación das actividades que levemos a cabo na clase para ver se cumprimos os obxectivos planteados ou non.