1. JUSTIFICATION
Para iniciar ao noso alumnado de 4
anos no uso oral da lingua francesa elaboraremos unha serie de actividades co
propósito de que coñezan o emprego axeitado das formas socialmente establecidas
para relacionarse cos demáis. Realizaremos tamén actividades de achegamento á
lingua escrita relacionando este aspectos.
2. COMPRÉHENSION ORALE
PRÉ-ÉCOUTE
En asamblea introduciremos o tema
falando cos nenos e nenas. A profesora fará unha presentación de si mesma
axudándose de imaxes e xestos interaccionando co alumnado en lingua francesa.
Esaxerará o máximo posible os xestos e a entoación para facilitar a
comprensión. Se se da un ambiente de diálogo común aproveitarémolo para que
tódolos nenos e nenas participen ou interveñan.
Modelo de diálogo:
-Bonjour!
-Peux-tu venir ici, s’il vous plaît?
-Merci!
-Je m’appelle Alexandra.
-Comment tu t’appelles?
-Ça va?
(A profesora terá tres imaxes de cariñas unha contenta outra triste e outra regular, o neno ou nena terá que indicar cal é o seu estado de ánimo: bien, mal, comme-ci comme-ça.)
Temps: 15 minutos
aproximadamente.
Ressources: non son necesarios.
- ÉCOUTE
A continuación, en gran grupo, veremos e comentaremos na clase o seguinte vídeo, que se reproducirá 2 ou 3 veces para facilitar a súa comprensión.
On va voir un vidéo.
Temps: 15 minutos aproximadamente.
Ressources: ordenador, proxector.
Source du matériel graphique: vídeo elaborado por min mesma na páxina web Goanimate: http://goanimate.com/
Source du matériel graphique: vídeo elaborado por min mesma na páxina web Goanimate: http://goanimate.com/
-
ACTIVITÉ D'ÉVALUATION DE LA COMPRÉHENSION
Para avaliar a comprensión do vídeo realizaremos un xogo na clase. Colocaremos ao alumnado en círculo. Unha persoa deberá presentarse (je m'appelle...) e elixir outra persoa coa que manter un diálogo similar ao do vídeo. Deberán preguntarse mutuamente: como se chaman, como están, etc.
Comezará a profesora, que servirá de modelo para o alumnado e guiará aos nenos e nenas durante a actividade no caso de producirse dificultades. Elixirá tamén que persoas comezan o diálogo para asegurarse de que todos os nenos e nenas interveñen na actividade.
A profesora servirase dos seguintes criterios de avaliación:
Temps: 15 minutos aproximadamente.A profesora servirase dos seguintes criterios de avaliación:
Rossources: folla de avaliación.
Source du matériel graphique: folla de avaliación elaborada por min en Microsoft Word.
3.COMPRÉHENSION ECRITE
PRÉ-LECTURE
Como actividade inicial, en asamblea, manteremos un diálogo cos nenos e nenas relacionado coa temática dos cumpreanos. Faremos unha serie de preguntas acompañadas de xestos expresivos e debuxos no taboleiro para facilitar a comprensión.
As preguntas principais serán:
-Qu'est-ce qu'on dit quand est l'anniversaire de quelqu'un?
-Qu'est-ce qu'on fait quand est l'anniversaire de quelqu'un?
Temps: 5 minutos aproximadamente.
Rossources: tizzas e taboleiro.
Rossources: tizzas e taboleiro.
-
TEXTE ÉCRIT
Proxectaremos na clase a presentación Power Point "L'anniversaire de Peppa Pig", que conta unha historia por medio dunha serie de imaxes acompañadas de frases breves.
O obxectivo da actividade consiste en que os nenos e nenas imaxinen o que ocorre nestas imaxes e conten a historia que está a suceder nelas. A profesora interactuará cos nenos e nenas, facéndolles preguntas sobre as imaxes e guiándoos na súas hipóteses para que cheguen as súas propias conclusións. Despois disto a presentación proxectarase unha vez máis.
Temps: 15 minutos aproximadamente.
Rossources: ordenador, proxector.
Source du matériel écrit/graphique:
Presentación do conto "L'anniversaire de Peppa Pig" elaborada por min en Microsoft Power Point.
Imaxes do conto, obtidas do vídeo de Youtube "Peppa Pig mi fiesta de cumpleaños": http://www.youtube.com/watch?v=n10bro5yUdM Source du matériel écrit/graphique:
ACTIVITÉ D'ÉVALUATION DE LA COMPRÉHENSION
Para avaliar a comprensión do conto "L'anniversaire de Peppa Pig", levaremos impresas á clase as imaxes da presentación Power Point. Dividiremos aos nenos nenas en grupos de 5 persoas. Darémoslles as 6 imaxes impresas a cada grupo.
Os nenos e nenas deberán colocalas nunha orde lóxica de maneira que poidan volver a conta-la historia.
A continuación deberán expoñer a historia ao resto dos seus compañeiros e xustificar por que colocaron así as imaxes.
A profesora guiarase polos seguintes criterios de avaliación:
Temps: 15 minutos aproximadamente.
Rossources: imaxes impresas do conto "L'anniversaire de Peppa Pig".
Folla de avaliación elaborada por min en Microsoft Word.
Folla de avaliación elaborada por min en Microsoft Word.
4. RÉFLEXION
•Comment t’es-tu organisée pour réaliser cette tâche?
En
primeiro lugar revisei os obxectivos, contidos e capacidades mencionados na tarefa anterior. Despois pensei actividades que estivesen relacionadas e fosen axeitadas para educación infantil. A continuación busquei programas para crealas (Goanimate e Power Point). Por último elaborei, redactei e describín as actividades e os exercicios de comprensión, así como a temporalización e os recursos empregados.
•As-tu
éprouvé des difficultés? Lesquelles?
Resultoume difícil pensar actividades relacionadas cos obxectivos, contidos e capacidades da tarefa anterior que fosen adecuadas para educación infantil.
•Qu’est-ce
que tu as appris avec cette tâche par rapport aux compétences indiquées
ci-dessus? Qu’est-ce
que tu as appris d’autre?
Sobre as competencias, aprendín a:
-Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe.
-Diferenciar e identificar os tipos de actividades comunicativas adecuadas ao nivel A1.1 do MECR para a Aprendizaxe das Linguas.
-Ser capaz de preparar unha unidade diáctica.
Estou aprendendo tamén a crear actividades adaptadas a educación infantil en lingua estranxeira.
•Quel
est ton avis général sur la tâche?
A tarefa é útil pois permite que nos familiaricemos coa elaboración de actividades relacionadas coa lingua estranxeira (francés) que poidamos levar a cabo nun aula de educación infantil.
No hay comentarios:
Publicar un comentario