Etiquetas

Accueil (1) Biographie (1) Dossier (5) Journal (3)

viernes, 29 de noviembre de 2013

Tâche 4: aider à produire.

1. JUSTIFICATION

Tâche 1
Tâche 2
Tâche 3

Para iniciar ao noso alumnado de 4 anos no uso oral da lingua francesa elaboraremos unha serie de actividades co propósito de que coñezan o emprego axeitado das formas socialmente establecidas para relacionarse cos demáis. Realizaremos tamén actividades de achegamento á lingua escrita relacionando este aspectos.

2. PRODUCTION ORALE









-Nous allons chanter une chanson pour apprendre comme saluer et comme prendre congé.

Como actividade de producción oral, colocarémonos en círculo. Ensinarémoslle ao alumnado a canción "Bonjour et au revoir" e a súa coreografía. Cantarémola e bailarémola varias veces.

A canción será a seguinte:







Letra:

Quand tu arrives,
quand tu arrives,
dis bonjour,
dis bonjour,
ça va bien, merci,
ça va bien, merci,
dis bonjour,
dis bonjour.

Quand tu marches,
quand tu marches,
dis au revoir,
dis au revoir,
à tous les amis,
à tous les amis,
dis au revoir,
dis au revoir.


Temps: 20 minutos.
Ressources: non son necesarios.
Source: vídeo "Bonjour et au revoir" gravado por min mesma cunha cámara dixital e subido posteriormente a Youtube.

3. PRODUCTION ÉCRITE

Mediante a seguinte actividade achegaremos á escritura en lingua estranxeira francés, ao noso alumnado de educación infantil.








-Nous allons voir les images pour reconaître les parties de l'histoire et identifier les lettres qu'il y a dans chaque image.

Despois de visualizar novamente o conto "L'anniversaire de Peppa Pig", empregado anteriormente como actividade de comprensión escrita, dividirémos a clase en grupos de 5 persoas. Darémoslle a cada grupo un folio impreso cunha imaxe e unha palabra que xa foron mencionadas con anterioridade na aula e no conto. Darémoslle a cada grupo unha imaxe diferente.

Exemplo:


Deixaremos uns minutos para que os nenos e nenas observen a imaxe e as letras que compoñen a palabra que aparece nela. 
Posteriormente procederemos a repartirlle a cada grupo, unha serie de pegatinas que conteñan as letras da palabra que aparece na imaxe.

Exemplo:



Entre tódolos membros do grupo deberán ordenar e pegar as letras para formar a palabra que aparece na imaxe. A continuación repasarán as letras pola liña de puntos.

Cando tódolos grupos rematen, reconstruiremos de novo a historia en gran grupo ordenando as imaxes.


Temps: 40 minutos.
Ressources: pegatinas coas letras do abecedario, lápices, imaxes impresas acompañadas dunha palabra sacadas do conto "L'anniversaire de Peppa Pig"..
Source: imaxes sacadas do conto "L'anniversaire de Peppa Pig" elaborado por min mesma en Microsoft Power Point. Imaxes do conto, obtidas do vídeo de Youtube "Peppa Pig mi fiesta de cumpleaños": http://www.youtube.com/watch?v=n10bro5yUdM 
Imaxes das letras do abecedario sacadas do buscador de Google Imaxes, modificacións e liña de puntos feita por min mesma en Paint.

4. RUBRIQUE RÉFLEXION

a) Comment t’es-tu organisé(e) pour réaliser cette tâche? En primeiro lugar atendín as explicacións dadas polo profesor na clase. Despois pensei que actividades realizar, escollín as que considerei máis axeitadas e elaboreinas.

b) As-tu éprouvé des difficultés? Lesquelles? En xeral facer a tarefa non supuxo moitas dificultades, pero pronunciar correctamente no vídeo oral resultoume moi difícil. Por outro lado, a falta de tempo para realizar as actividades é un problema a ter en conta.

c) Qu’est-ce que tu as appris avec cette tâche par rapport aux compétences indiquées ci-dessus? Qu’est-ce que tu as appris d’autre? 
Nesta tarefa en relación as competencias aprendín a:
4. Diferenciar entre as actividades comunicativas (interacción oral, expresión oral e comprensión oral) adecuadas ao nivel A1.1 do Marco Europeo Común de Referencia para a Aprendizaxe das Linguas (MECR).
8. Identificar os tipos de actividades comunicativas (interacción oral, expresión oral e comprensión oral) no ámbito persoal.
A maiores, aprendín a facer cancións e actividades de producción oral e escrita.

d)Quel est ton avis général sur la tâche?A tarefa é moi útil para aprender a elaborar actividades de producción oral e escrita, relacionadas coa lingua estranxeira francés e axeitadas para a etapa de educación infantil.

No hay comentarios:

Publicar un comentario